Relación de redes sociais da Xunta de Galicia
Descarga de datos
CSV (74 Kb)
Relación de redes sociais
Descrición

O Catálogo de portais da web da Xunta de Galicia constitúe a ferramenta que permite recoller a información xeral, características e propiedades xerais dos portais e servizos web sociais e participativos cuxa titularidade, xestión e administración corresponde aos órganos ou unidades da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia no exercicio das súas competencias.

O seu contido sirve como base para a publicación na web institucional do Catálogo da Rede integrada da presenza en internet (A-Z) tal e como sinala a Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia.

O arquivo .csv contén a relación das redes sociais que forman parte do catálogo actual, coa identificación da organización á que pertencen e a/s área/s temática/s á/s que están asignadas.

Información xeral
Tamén che poderían interesar...

...outros conxuntos de datos relacionados

Achéganos a túa opinión