Interface de programación de aplicacións para descarga de indicadores do IGE
Descarga de datos
Formatos de resposta
Descrición

O Instituto Galego de Estatística (IGE) expón a súa información a través dunha Interface de Programación de Aplicacións (API) para mellorar o acceso aos seus datos e fomentar a súa reutilización. Estes, están accesibles a través dunha petición HTTP GET, a partir da cal persoas e/ou empresas que desenvolven software poden obter información do Instituto para integrala nos seus propios servizos.

Desta forma, o IGE ofrece a posibilidade de configurar a información que cada usuario precise sobre unha url desde a cal pode ter acceso aos datos que escolleu previamente. A partir desa url tamén poderá xerar outras similares con diferentes extraccións de datos, simplemente cambiando algún parámetro.

A API para descarga de indicadores do IGE ofrece datos sobre as seguintes temáticas:

  • Poboación
  • Sanidade
  • Educación
  • Traballo
  • Benestar e condicións de vida
  • Cultura e lecer
  • Agricultura e pesca
  • Enerxía e industria
  • Construción e vivenda
  • Servizos
  • Administración Pública
  • Sector exterior
  • Prezos
  • Actividade empresarial
  • Sistema de contas
  • Sociedade da información
  • Ciencia e tecnoloxía
  • Territorio

A utilización desta API leva implícita a aceptación das condicións de uso que o IGE especifica nesta páxina, na que tamén se recollen exemplos de uso dos formatos de resposta que se ofrecen (JSON e CSV) e unha descrición da estrutura dos ficheiros.

Información xeral
Tamén che poderían interesar...

...outros conxuntos de datos de Economía, empresa e emprego

Achéganos a túa opinión