Bens de Interese Cultural (BIC)
Descarga de datos
ODS (118 Kb)
Datos en formato ODS
Descrición

Os Bens de Interese Cultural (BIC) son aqueles bens mobles, inmobles e inmateriais máis sobranceiros do patrimonio cultural de Galicia, declarados por decreto do Consello da Xunta de Galicia. Esa proposta pode ser iniciativa da consellería competente en materia de patrimonio cultural, despois da tramitación dun procedemento instruído e incoado, ou para aqueles bens que teñan esta consideración en aplicación da lexislación vixente pode empregarse o procedemento descrito na Sede Electrónica da Xunta de Galicia CT135A.

A relación de Bens de Interese Cultural que aquí se pon a disposición da cidadanía inclúe: 

  • a denominación do ben;
  • a súa natureza (moble, inmoble ou inmaterial);
  • a súa clasificación (colección, conxunto histórico, individual, lugar de interese etnolóxico, monumento, obra de autor, paraxe pintoresca, sitio histórico, territorio histórico, xardín histórico, zona arqueolóxica);
  • localización: provincia e concello;
  • información das disposicións legais da declaración: tipo, data da declaración e data da publicación no DOG e/ou no BOE.
Información xeral
Tamén che poderían interesar...
Achéganos a túa opinión