O Instituto Galego de Estatística (IGE) expón a súa información a través dunha Interface de Programación de Aplicacións (API) para mellorar o acceso aos seus datos e fomentar a súa reutilización. Estes, están accesibles a través dunha petición HTTP GET, a partir da cal persoas e/ou empresas que desenvolven software poden obter información do Instituto para integrala nos seus propios servizos.
Desta forma, o IGE ofrece a posibilidade de configurar a información que cada usuario precise sobre unha url desde a cal pode ter acceso aos datos que escolleu previamente. A partir desa url tamén poderá xerar outras similares con diferentes extraccións de datos, simplemente cambiando algún parámetro.
A API para descarga de táboas do IGE ofrece datos sobre:
- Territorio, recursos naturais e medio ambiente
- Poboación e condicións sociais
- Estrutura produtiva
- Sociedade da información, ciencia e tecnoloxía
- Indicadores do Programa de Desenvolvemento Rural
- E unha síntese de datos relacionados para as seguintes temáticas "Panorama rural-urbano", "Estudo sobre salarios" e "Panorama dos sete grandes concellos"
A utilización desta API leva implícita a aceptación das condicións de uso que o IGE especifica nesta páxina, na que tamén se recollen exemplos de uso dos formatos de resposta que se ofrecen (JSON e CSV) e unha descrición da estrutura dos ficheiros.
- Data de alta: 18-03-2014
- Data de actualización: 18-03-2014
- Frecuencia de actualización: sen periodicidade
- Licenza: Creative Commons Recoñecemento 3.0
- Fonte de datos: IGE - Instituto Galego de Estatística
...outros conxuntos de datos relacionados
...outros conxuntos de datos de Administración pública
...outros conxuntos de datos de Ciencia e tecnoloxía
...outros conxuntos de datos de Cultura e ocio
...outros conxuntos de datos de Economía, empresa e emprego
...outros conxuntos de datos de Ensino e formación
...outros conxuntos de datos de Medio ambiente
...outros conxuntos de datos de Saúde, asistencia sanitaria e servizos sociais
...outros conxuntos de datos de Territorio, vivenda e transporte