Enquisa de condicións de vida das familias. Coñecemento e uso do galego. Rexistro de vivendas. Ano 2013
Descarga de datos
Descrición

Neste módulo analízase o grao de coñecemento do idioma galego nas súas distintas formas (oral e escrito) e o seu uso en distintos ámbitos sociais.

A “Enquisa de condicións de vida das familias” (ECV) é unha actividade estatística anual que desde 1999 realiza o Instituto Galego de Estatística. Trátase dunha enquisa dirixida aos fogares galegos co obxecto de obter información sobre as súas características socioeconómicas.

Consta de dous módulos:

  • Un primeiro de carácter xeral que se repite todos os anos, deseñado para recoller información sobre variables básicas que, pola súa importancia e dinamismo, necesitan unha periodicidade anual.
  • Un segundo módulo de carácter específico dedicado a bloques temáticos de variables que presentan unha máis lenta evolución, polo que non necesitan un período anual de recollida de datos.
Información xeral
Tamén che poderían interesar...
Achéganos a túa opinión

Introduza os caracteres que aparecen a continuación: