Pode realizar unha consulta SPARQL para obter datos nos seguintes formatos de saída: HTML, XML, JSON, JSON-LD, Notation 3/ TURTLE, CSV (valores separados por comas) e TSV (valores separados por tabulador). |
Punto de acceso SPARQL que permite realizar consultas avanzadas sobre os fondos da Biblioteca Dixital de Galicia.
SPARQL é o acrónimo de Protocolo Simple e Linguaxe de Consulta de RDF, unha tecnoloxía que permite realizar consultas sobre información expresada en RDF (linguaxe de descripción do W3C) a partir de distintas fontes de datos.
Este punto de consulta SPARQL permite, en concreto, obter datos nos seguintes formatos de saída: HTML, XML, JSON, JSON-LD, Notation 3/ TURTLE, CSV (valores separados por comas) e TSV (valores separados por tabulador).
Na páxina de datos abertos da Biblioteca Dixital de Galicia https://datos-abertos.galiciana.gal pode tamén consultar:
- Lista de encabezamentos de materias en galego, publicada en formato SKOS.
- Biblioteca Dixital de Galicia, segundo o Europeana Data Model.
- Buscadores para materias e obxectos dixitais, que permiten localizar recursos mediante buscas por texto.
- Unha área de estatísticas con información sobre o contido da colección.
A Biblioteca Dixital de Galicia ou Galiciana é un proxecto que ten como obxectivo a dixitalización dos fondos bibliográficos máis relevantes para Galicia. A súa finalidade é lograr a máxima visibilidade dos recursos dixitais integrados nela e a interoperabilidade cos principais proxectos de dixitalización existentes hoxe en día (Hispana e Europena).
Galiciana integra actualmente, ademais de fondos propios da Biblioteca de Galicia, obras dixitalizadas en colaboración coas principais bibliotecas patrimoniais galegas. Nela pódense consultar recursos dixitalizados en institucións como a Universidade de Santiago de Compostela, o Museo do Pobo Galego, a Fundación Penzol de Vigo, a Real Academia Galega, o Seminario de Mondoñedo ou a Biblioteca de Estudos Locais da Coruña.
- Data de alta: 15-06-2017
- Data de actualización: 28-03-2024
- Frecuencia de actualización: diario
- Licenza: Creative Commons Recoñecemento 3.0
- Fonte de datos: Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
...outros conxuntos de datos relacionados
...outros conxuntos de datos de Cultura e ocio