Indicadores de actividade económica financeira
Descarga de datos
Descrición

Os indicadores da actividade económico-financeira da comunidade autónoma constitúen unha operación estatística de carácter oficial que ten como obxectivo amosar a situación e evolución dunha serie de indicadores de síntese das operacións económico-financeiras realizadas pola Administración autonómica durante un período de tempo determinado.

Os datos abórdanse dende un enfoque económico, coa pretensión de evitar a complexidade dos rexistros da contabilidade pública, agregando a información en categorías facilmente identificables e construíndo indicadores que resuman os datos máis relevantes e a súa evolución.

A información de base procede dos datos rexistrados no Sistema de Contabilidade da Xunta de Galicia, e trimestralmente ofrécese información do orzamento da Administración xeral, ao cal, no último trimestre do ano, se engaden datos do consolidado da Administración xeral e organismos autónomos.

Información xeral
Tamén che poderían interesar...

...outros conxuntos de datos de Economía, empresa e emprego

Achéganos a túa opinión