Rexistro de Escolas de Tempo Libre
Descarga de datos
CSV (9 Kb)
Datos proporcionados ao rexistro polas entidades
Descrición

As Escolas de Tempo Libre son centros de formación para cualificar e titular a monitores, animadores e educadores en xeral para a organización e execución de actividades relacionadas co lecer e tempo libre como campamentos, colonias, campos de traballo, actividades de asociacións e grupos xuvenís, centros de lecer, etc.

No arquivo .csv figuran os datos de contacto das escolas que conforman o rexistro actual da Xunta de Galicia.

Para iniciar a prestación do servizo de formación estas entidades deben emitir unha declaración responsable de inicio de actividade. Ao facelo, quedan inscritas no Rexistro de escolas de tempo libre da Comunidade autónoma de Galicia.

Información xeral
Achéganos a túa opinión