Centros para a inclusión social
Descarga de datos
KML (200 Kb)
Centros inscritos no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais
Descrición

Relación dos máis de 50 centros para a inclusión social de persoas que están inscritos no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais.

Este rexistro, no que as entidades inscritas actualizan periodicamente os seus datos, é unha ferramenta útil tanto para o público e os profesionais dos servizos sociais como para a cidadanía en xeral. 

O arquivo KML contén a seguinte información para cada un destes centros: localización, contacto (enderezo, teléfono e correo electrónico), horarios, instalacións e servizos dispoñibles, así como as categorías correspondentes á súa tipoloxía: albergues, comedores sociais, centros de acollida básica, centros de día,  centros de atención social continuada, centros de acollida de transición á vida autónoma e centros de acollida de apoio social a procesos terapéuticos.

 

Ver en Servizos no mapa

 

Información xeral
Achéganos a túa opinión

Introduza os caracteres que aparecen a continuación: