Enquisa de condicións de vida das familias. Coidado de menores e conciliación familiar. Rexistro de nenos/as de 0 a 12 anos. Ano 2012
Descarga de datos
Texto plano (19 Kb)
Descarga un .zip que contén un ficheiro .txt
Descrición

Este módulo permite obter información sobre o tempo que os menores ata 12 anos pasan en garderías ou escolas, os servizos adicionais que utiliza (comedor, apertura antes do horario escolar...), así como as medidas e solucións que adoptan os pais e nais á hora de conciliar a súa vida laboral co coidado dos/as nenos/as, incluíndo os coidados proporcionados por outras persoas (avós...).

A “Enquisa de condicións de vida das familias” (ECV) é unha actividade estatística anual que desde 1999 realiza o Instituto Galego de Estatística. Trátase dunha enquisa dirixida aos fogares galegos co obxecto de obter información sobre as súas características socioeconómicas.

Consta de dous módulos :

  • Un primeiro de carácter xeral que se repite todos os anos, deseñado para recoller información sobre variables básicas que, pola súa importancia e dinamismo, necesitan unha periodicidade anual
  • Un segundo módulo de carácter específico dedicado a bloques temáticos de variables que presentan unha máis lenta evolución, polo que non necesitan un período anual de recollida de datos.
Información xeral
Tamén che poderían interesar...
Achéganos a túa opinión