Censo de entidades xuvenís
Descarga de datos
CSV (90 Kb)
Datos proporcionados ao censo polas entidades
Descrición

O Censo de entidades xuvenís da Xunta de Galicia contén a relación e datos das organizacións xuvenís e as entidades prestadoras de servizos á xuventude.

É único e dispón de dúas tipoloxías de entidades, as xuvenís (asociacións xuvenís, organizacións xuvenís e consellos de xuventude municipais ou de ámbito local debidamente constituídos) e as prestadoras de servizos á xuventude. Neste último epígrafe inscríbense aquelas asociacións de carácter xeral que estatutariamente prevén a existencia dunha rama ou sección xuvenil e que entre os seus fins recollen a dedicación a actividades para mozos e mozas (quedando excluídas desta categoría as asociacións que son de tipo docente ou deportivo).

No ficheiro .csv figuran os datos de contacto e número de inscrición no censo de cada entidade, ademais da súa categorización segundo o seu ámbito de actuación (provincial ou autonómico), tipoloxía (asociación xuvenil ou entidade prestadora de servizos á xuventude) ou natureza, que pode ser de tipo:

  • Medioambiental
  • Político-sindical
  • Estudantil
  • Prestadora de servizos sociais
  • Cultural-recreativa
  • De tempo libre
  • Relixiosa
  • Intercultural

Vixencia do censo

Este censo ten unha vixencia anual, pois as entidades que desexen continuar nel deben ratificar a súa inscrición todos os anos. Esta é, ademais, condición indispensable para poder recibir as subvencións do organismo con competencias en materia de Xuventude, segundo sinala o Decreto 50/2000, do 20 de xaneiro, polo que se refunde e actualiza a normativa vixente en materia de xuventude no seu Título IV (Censo de entidades xuvenís).

Información xeral
Tamén che poderían interesar...
Achéganos a túa opinión