Centros para persoas con discapacidade
Descarga de datos
KML (820 Kb)
Centros inscritos no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais
Descrición

Relación dos máis de 200 centros para persoas con discapacidade inscritos no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais.

Este rexistro, no que as entidades inscritas actualizan periodicamente os seus datos, é unha ferramenta útil tanto para o público e os profesionais dos servizos sociais como para a cidadanía en xeral, xa que difunde o coñecemento e a orientación na asignación dos recursos sociais existentes en Galicia. 

O arquivo KML contén a seguinte información para cada un destes centros: localización, contacto (enderezo, teléfono e correo electrónico), horarios, instalacións e servizos dispoñibles, así como as categorías correspondentes á súa tipoloxía: residencias de persoas con discapacidade gravemente afectadas, centros de día, centros ocupacionais, residencias de persoas discapacitadas gravemente afectadas con atención diúrna, residencia de persoas discapacitadas adultas e vivendas-pisos tutelados.

 

Ver en Servizos no mapa

 

Información xeral
Tamén che poderían interesar...
Achéganos a túa opinión