Relación e localización dos 113 areais galegos con distinción de bandeira azul en 2017. O ficheiro .csv contén as referencias do nome da praia, o lugar, parroquia, concello e provincia no que se atopa, o tipo de ocupación que presenta na época estival (alta, baixa ou media), o tipo de praia (resgardada ou aberta) e o tipo de area que presenta (fina, grosa ou cantos rodados), así como a súa lonxitude en metros, coordenadas de xeolocalización e páxina web onde obter máis información do areal.
A partir desta última referencia web pódese ampliar a información coa que proporciona a Axencia Turismo de Galicia no seu portal.
- Data de alta: 22-05-2017
- Data de actualización: 22-05-2017
- Frecuencia de actualización: anual
- Licenza: Creative Commons Recoñecemento 3.0
- Fonte de datos: Turismo de Galicia
...outros conxuntos de datos relacionados
...outros conxuntos de datos de Cultura e ocio
...outros conxuntos de datos de Territorio, vivenda e transporte