Biblioguía. Mapa e localizador de bibliotecas en España

Biblioguía é un mapa e localizador de Bibliotecas de España que permite o acceso á información de contacto de máis de 6.000 bibliotecas, centros de documentación, de lectura e bibliotecas especializadas próximas a unha posición determinada (obtida do GPS do dispositivo móbil ou dunha dirección introducida nel).

Os datos para Galicia obtéñense do conxunto de datos da Rede de Bibliotecas de Galicia, publicado neste portal. Ademais, están dispoñibles tamén os das biblitotecas de Andalucía, Castela-A Mancha, Castela e León, Cataluña, Gijón, País Vasco, Murcia, Navarra e os do Directorio de Bibliotecas e Hemerotecas Españolas.

Biblioguía dispón tamén dunha aplicación móbi que permite gardar a información das bibliotecas e consultalas sen conexión a internet, compartilas por correo electrónico ou engadilas aos contactos.

Información xeral
Autoría: Felipe Caicedo
Plataforma: web
Conxunto de datos relacionado: Rede de Bibliotecas de Galicia
Descarga de datos
Android
iOS
Categorías:

Botas de menos algún conxunto de datos que podería estar en Abert@s?

Tes algunha dúbida sobre os formatos ou as condicións de uso do portal?

Coñeces algunha aplicación que reutilice os seus datos ou desenvolviches algunha a partir deles?

Daquela só tes que enviarnos un correo coas túas propostas!
Achéganos a túa opinión

Introduza os caracteres que aparecen a continuación: