Punto de acceso á información xeográfica do IET

Desde esta plataforma, que agrupa a información cartográfica de Galicia, pode realizarse a descarga de follas a escala 1:5000 das series xeradas polo Instituto de Estudos do Territorio de forma libre e en formatos abertos. Nela, póñense a disposición da cidadanía varias series que abarcan a totalidade do territorio galego.

A plataforma permite facer buscas segundo as necesidades dos/as usuarios/as, xa sexa por unidades administrativas, por coordenadas xeográficas ou por referencia catastral. Nestes momentos está habilidtada a descarga das seguintes series cartográficas

  • Base topográfica de Galicia. Ano 1990-2000
  • Base topográfica de Galicia. Ano 2003
  • Ortofotografía do voo americano. Ano 1956
  • Ortofotografía PNOA. Ano 2009-2010
  • Mapa de usos do solo (SIOSE). Ano 2005
  • Mapa de pendentes. Ano 2009-2010
  • Mapa de orientacións de Galicia. Ano 2009-2010
  • Mapa de altura de obxectos. Ano 2009-2010
Información xeral
Autoría: Instituto de Estudos do Territorio
Plataforma: web

Botas de menos algún conxunto de datos que podería estar en Abert@s?

Tes algunha dúbida sobre os formatos ou as condicións de uso do portal?

Coñeces algunha aplicación que reutilice os seus datos ou desenvolviches algunha a partir deles?

Daquela só tes que enviarnos un correo coas túas propostas!
Achéganos a túa opinión

Introduza os caracteres que aparecen a continuación: