Recursos turísticos de Galicia

Turgalicia desenvolveu esta aplicación de realidade aumentada que engade datos xerados por ordenador en tempo real sobre unha imaxe tamén real. Combinando o GPS, o compás dixital, a cámara e a conexión a Internet permite localizar sobre o terreo todos os recursos turísticos de Galicia.

Esta capa de realidade aumentada amosa información sobre turismo rural, hoteis, pensións, apartamentos, cámpings, restaurantes, patrimonio cultural, arqueoloxía, museos, festas, deportes, artesanía, información turística, etc.

Para poder utilizar a aplicación cómpre dispor dun móbil con sistema operativo Android ou un Iphone dotados de GPS e recoméndase tamén contar cunha conexión permanente a Internet. Unha vez instalada, só hai que colocar o móbil como se se estivera sacando unha fotografía e mostrarase na pantalla unha serie de iconas que representan os puntos de interese e inclúen unha pequena descrición deles.

Información xeral
Autoría: Turgalicia
Plataforma: móbil
Categorías:

Botas de menos algún conxunto de datos que podería estar en Abert@s?

Tes algunha dúbida sobre os formatos ou as condicións de uso do portal?

Coñeces algunha aplicación que reutilice os seus datos ou desenvolviches algunha a partir deles?

Daquela só tes que enviarnos un correo coas túas propostas!
Achéganos a túa opinión

Introduza os caracteres que aparecen a continuación: