MeteoRoute

MeteoRoute é unha aplicación móbil de MeteoGalicia que permite obter información meteorolóxica e oceanográfica personalizada para rutas e traxectorias definidas polo/a usuario/a, tanto por terra como por mar.

Para cada ruta o/a usuario/a pode elixir as variables que quere visualizar nos marcadores do mapa, aínda que tamén pode consultar todas as dispoñibles no modo de lista. Estas son o estado do ceo, a temperatura, a precipitación, o vento, a humidade relativa, a presión atmosférica, a cota de neve, a temperatura e a salinidade da auga, a altura, a dirección e o período de onda. Ademais, ao definir unha ruta, pode elixir o modo desta: en coche, bicicleta, a pé ou en barco.

As rutas calcúlanse a partir dunha orixe e un destino definidos polo seu nome ou coordenadas, aínda que tamén se poden seleccionar os puntos desta manualmente sobre o mapa e debuxar rutas en barco.

A cobertura actual de MeteoRoute, que obtén os datos da API do MeteoSIX, comprende o sudoeste de Europa, aínda que a zona de predición con maior precisión cobre o noroeste da Península Ibérica.

A aplicación está dispoñible en galego, castelán e inglés.

Información xeral
Autoría: MeteoGalicia e Grupo de Arquitectura de Computadores da UdC
Plataforma: móbil
Botas de menos algún conxunto de datos que podería estar en Abert@s?

Tes algunha dúbida sobre os formatos ou as condicións de uso do portal?

Coñeces algunha aplicación que reutilice os seus datos ou desenvolviches algunha a partir deles?
Daquela só tes que enviarnos un correo coas túas propostas!
Achéganos a túa opinión