Predición meteorolóxica actualizada a tempo real.
Parámetros que acepta o JSON
Este servizo precisa dun parámetro obrigatorio, dia, e admite un parámetro opcional, request_locale.
O parámetro dia admite o valor -1 (se se quere obter a predición para todos os días dispoñibles) ou valores concretos para o día de hoxe (valor 0), mañá (valor 1), pasado mañá (valor 2) ou o terceiro día (valor 3).
O parámetro request_locale admite os valores gl ou es, en función do idioma no que queiramos obter os elementos de tipo texto do servizo.
Por exemplo:
- Para obter todos os días de predición dispoñibles en castelán:
http://servizos.meteogalicia.gal/rss/predicion/jsonCPrazo.action?dia=-1&request_locale=es
- Para obter en galego a predición para o día de hoxe:
http://servizos.meteogalicia.gal/rss/predicion/jsonCPrazo.action?dia=0&request_locale=gl
- Data de alta: 14-02-2012
- Data de actualización: 17-01-2021
- Frecuencia de actualización: diario
- Licenza: Creative Commons Recoñecemento 3.0
- Fonte de datos: Meteogalicia
...outros conxuntos de datos de Medio ambiente