Calendario 2023 de publicación de estadísticas del IGE

Descarga

Sobre este conjunto de datos

Calendario de 2023 dos días nos que se publican as estatísticas conxunturais, de periodicidade mensual e trimestral, do Instituto Galego de Estatística.

A información que proporciona inclúe a data de referencia na que estarán dispoñibles os resultados. As actividades estruturais, de periodicidade igual ou superior ao ano, móstranse debaixo do calendario de cada mes e difúndense na páxina web do IGE ao longo dese período.

As estatísticas cuxa referencia se contempla no calendario, xunto coas siglas polas que se recoñecen, son:

  • EC - Estatística de construción de edificios
  • AfiSS - Explotación das afiliacións á Seguridade Social
  • IPC - Índice de prezos ao consumo
  • SC - Seguimento e análise da construción
  • IVU - Índices de valor unitario para o comercio exterior
  • CEXT - Comercio exterior e intracomunitario
  • IASS - Indicadores de actividade e de VEB do sector servizos
  • AV - Accesibilidade á vivenda
  • IPRI - Índice de prezos industriais
  • ETCL - Enquisa trimestral de custos laborais
  • BORME - Explotación do Boletín Oficial do Rexistro Mercantil
  • IC - Índices de competitividade
  • IPI - Índice de produción industrial
  • IVCM - Índice de vendas de comercio polo miúdo

O calendario está dispoñible en formato .ics (estándar iCalendar que lle permite á persoa usuaria subscribirse aos datos de forma que poida aplicalos a un calendario do seu ordenador, dispositivo móbil...).

Haznos llegar tu opinión