Smart Weather. Predición personalizada do tempo

Smart Weather de Smart GalApps é unha aplicación para dispositivos móbiles de Apple e con sistema operativo Android que permite que sexa o/a propio/a  usuario/a quen faga o seu prognóstico personalizado a partir de imaxes animadas de datos pasados e doutras de predición dos próximos días.

Ademais da predición meteorolóxica para distintas zonas de América, Europa, Península Ibérica, norte de África e España, esta aplicación mostra as últimas imaxes captadas por satélites, sistemas de detección de raios, radares de choiva...  de forma que ofrece secuencias de imaxes nas que se mostra a evolución atmosférica. Así, por exemplo, poden consultarse as imaxes dos radares de choiva para saber onde está caendo actualmente ou seguir a evolución desta nas últimas horas para saber cara a onde se dirixe. As imaxes poden compartirse por correo electrónico e nas redes sociais.

Entre os datos que emprega Smart Weather, e xunto con outros da AEMET, IPMA e NOAA, están algúns dos publicados en Abert@s e procedentes de MetoGalicia, como por exemplo os de predición meteorolóxica e oceanográfica ou os da rede de detección de raios.

Información xeral
Autoría: Smart GalApps
Plataforma: móbil
Descarga de datos
iOS
Android
Botas de menos algún conxunto de datos que podería estar en Abert@s?

Tes algunha dúbida sobre os formatos ou as condicións de uso do portal?

Coñeces algunha aplicación que reutilice os seus datos ou desenvolviches algunha a partir deles?
Daquela só tes que enviarnos un correo coas túas propostas!
Achéganos a túa opinión