Buscador de Toponimia de Galicia

O buscador do portal Toponimia de Galicia permite xeolocalizar sobre un mapa os nomes de terras e entidades humanas de Galicia. Recolle os nomes de accidentes terrestres, costeiros, augas, terras, vías e entidades humanas, a partir dunha busca que pode realizarse por texto, provincia, concello e parroquia, así como por outros criterios seleccionables no buscador avanzado.

Por defecto a procura faise conxuntamente nas dúas bases de datos almacenadas, pero pódese restrinxir a cada unha desas bases: a do Nomenclátor da Xunta de Galicia ou a do Proxecto Toponimia de Galicia. O portal permite descargar os datos dun concello concreto e consultar o mapa de estado por concellos para comprobar en cales o proceso de recollida está completo.

A información tamén está dispoñible en Abert@s nos conxuntos de datos Microtoponimia de Galicia e Nomenclátor de Galicia.

Información xeral
Autoría: Toponimia de Galicia
Plataforma: web
Conxunto de datos relacionado: Microtoponimia de Galicia
Botas de menos algún conxunto de datos que podería estar en Abert@s?

Tes algunha dúbida sobre os formatos ou as condicións de uso do portal?

Coñeces algunha aplicación que reutilice os seus datos ou desenvolviches algunha a partir deles?
Daquela só tes que enviarnos un correo coas túas propostas!
Achéganos a túa opinión