Praias galegas con bandeira azul en 2015
Descarga
Sobre este conxunto de datos
Relación e localización dos 131 areais galegos que acadaron a distinción de bandeira azul en 2015. O ficheiro .csv contén as referencias do nome da praia, o lugar, parroquia, concello -dun total de 40- e provincia no que se atopa, o tipo de ocupación que presenta na época estival (alta, baixa ou media), o tipo de praia (resgardada ou aberta) e o tipo de area que presenta (fina, grosa ou cantos rodados), así como a súa lonxitude en metros, coordenadas de xeolocalización e páxina web onde obter máis información do areal.
A partir desta última referencia web pódese ampliar a información coa que proporciona a Axencia de Turismo de Galicia no seu portal.
- Data de alta: 21-05-2015
- Data de actualización: 21-05-2015
- Frecuencia de actualización: anual
- Licenza: Creative Commons BY SA 4.0
- Fonte de datos: Turismo de Galicia
...outros conxuntos de datos relacionados
...outros conxuntos de datos de Cultura e ocio
- Rexistro de Escolas de Tempo Libre
- Rexistro de empresas e actividades turísticas
- Bens de Interese Cultural (BIC)
...outros conxuntos de datos de Medio ambiente
...outros conxuntos de datos de Territorio, vivenda e transporte
Achéganos a túa opinión
Entidade | Mision |
---|---|
Responsable do tratamento | Xunta de Galicia – Consellería de Facenda e Administración Pública |
Finalidades do tratamento | Xestionar as suxestións, propostas ou dúbidas sobre os conxuntos de datos publicados neste portal e recoller información sobre posibles experiencias de reutilización levadas a cabo con datos deste catálogo para divulgar estas iniciativas na páxina “Experiencias” deste portal |
Lexitimación para o tratamento | Cumprimento dunha misión realizada en interese público e dunha obrigación legal fundamentadas no disposto na Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno de Galicia e polo Decreto 201/2011, do 13 de outubro, polo que se regula a presenza da Administración xeral e do sector autonómico de Galicia na Internet |
Destinatarios dos datos | Administracións públicas do ámbito estatal, autonómico ou local cando sexa estritamente necesario para a xestión da súa solicitude, comunicación ou suxestión. No caso de que se xestione a publicación da experiencia de reutilización a través da páxina “Experiencias” deste portal, acompañarase do nome e apelidos ou razón social do autor/a |
Exercicio de dereitos | As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercitar outros dereitos ou retirar o consentimento segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos |
Contacto delegado/a de protección de datos e máis información | https://www.xunta.gal/proteccion-datos-persoais |