Visor de descargas - Información Xeográfica de Galicia

Todo sobre esta experiencia

Este visor de descargas cartográficas permite descargar a cartografía de cada elemento premendo sobre os elementos que está a visualizar en cada momento. Dispón tamén de diferentes tipos de localizador: un xeolocalizador e outro que se compón de tres localizadores: un buscador encadenado no que se poden atopar as unidades territoriais e poboacións, outro no que se poden buscar parcelas catastrais introducindo o código correspondente, e outro localizador de coordenadas UTM29 ETRS89.

A ferramenta de selección de mapa de fondo permite modificar o mapa base do visor de entre os dispoñibles.

Nesta páxina pode consultar como utilizalo e tamén como empregar as súas ferramentas de navegación.

As capas de descarta que pode consultar son:

  • Cuberta terrestre (SHP)
  • Elevacións (LAS)
  • Ortoimaxes (ECW)
  • Series cartográficas 100.000 (PDF)
  • Series cartográficas 10.000 (PDF)
  • Series cartográficas 10.000 (SHP)
  • Series cartográficas 5.000 (PDF)
  • Series cartográficas 5.000 (DGN)
  • Series cartográficas 250.000 (PDF)
  • Capas de Información Ráster (IMG)

As series cartográficas dispoñen de bases topográficas, mapas de estrada, imaxes de satélite, mapas da rede hidrográfica, mapas hidroxeolóxicos, mapas litolóxicos, mapas de parroquias, mapas de grandes áreas paisaxísticas, mapas de ocupación do solo, mapas de densidade de poboación e ocupación e mapas comarcais.

Que nos propós?

Botas de menos algún conxunto de datos que podería estar en Abert@s?

Tes algunha dúbida sobre os formatos ou as condicións de uso do portal?

Coñeces algunha aplicación que reutilice os seus datos ou desenvolviches algunha a partir deles?

Icono que simboliza un chat donde solicitar axuda

Daquela só tes que enviarnos un correo coas túas propostas!

Achéganos a túa opinión