Servizos no mapa
Todo sobre esta experiencia
Servizos no mapa é unha nova aplicación que a Xunta de Galicia pon a disposición da cidadanía para facilitar a localización dos equipamentos e servizos da Administración pública (culturais, educativos, sanitarios...) tanto autonómica coma estatal e local.
Aínda que no momento da súa publicación xa dispón de máis de 4.000 recursos xeorrefenciados, o mapa irá incorporando progresivamente novos tipos de servizos co obxectivo de converterse nunha guía de referencia para coñecer os datos de contacto e localización destes no territorio.
Toda a información dispoñible provén de conxuntos de datos publicados en Abert@s.
Baseado en Google Maps, permite localizar os distintos servizos realizando buscas por palabras, provincias e concellos, tipos de servizos e temáticas destes.
O mapa pode visualizarse de forma reducida ou ampliada. Ademais, para cada tipo de servizo, dispón de iconas específicas sobre as que se pode premer para consultar os datos relacionados con cada recurso (enderezo, teléfono, correo electrónico, páxina web, horario...).
- Autoría: Xunta de Galicia
- Ligazón: Servizos no mapa
- Plataforma: web
- Conxuntos de datos relacionados: Rede de arquivos da Xunta de Galicia ; Aulas da Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica (CeMIT) ; Rede de Bibliotecas de Galicia ; Centros educativos de Galicia ; Museos e coleccións visitables do Sistema Galego de Museos ; Oficinas de atención á cidadanía e de rexistro ; Oficinas de turismo ; Centros para a infancia ; Centros para persoas maiores ; Centros para persoas con discapacidade ; Centros para a inclusión social ; Centros sociais para a comunidade ; Centros de Información ás Mulleres ; Oficinas do Instituto Galego do Consumo e da Competencia
Que nos propós?
Botas de menos algún conxunto de datos que podería estar en Abert@s?
Tes algunha dúbida sobre os formatos ou as condicións de uso do portal?
Coñeces algunha aplicación que reutilice os seus datos ou desenvolviches algunha a partir deles?
Daquela só tes que enviarnos un correo coas túas propostas!
Achéganos a túa opinión
Entidade | Mision |
---|---|
Responsable do tratamento | Xunta de Galicia – Consellería de Facenda e Administración Pública |
Finalidades do tratamento | Xestionar as suxestións, propostas ou dúbidas sobre os conxuntos de datos publicados neste portal e recoller información sobre posibles experiencias de reutilización levadas a cabo con datos deste catálogo para divulgar estas iniciativas na páxina “Experiencias” deste portal |
Lexitimación para o tratamento | Cumprimento dunha misión realizada en interese público e dunha obrigación legal fundamentadas no disposto na Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno de Galicia e polo Decreto 201/2011, do 13 de outubro, polo que se regula a presenza da Administración xeral e do sector autonómico de Galicia na Internet |
Destinatarios dos datos | Administracións públicas do ámbito estatal, autonómico ou local cando sexa estritamente necesario para a xestión da súa solicitude, comunicación ou suxestión. No caso de que se xestione a publicación da experiencia de reutilización a través da páxina “Experiencias” deste portal, acompañarase do nome e apelidos ou razón social do autor/a |
Exercicio de dereitos | As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercitar outros dereitos ou retirar o consentimento segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos |
Contacto delegado/a de protección de datos e máis información | https://www.xunta.gal/proteccion-datos-persoais |