Enquisa de condicións de vida das familias: módulo de ocio e hábitos culturais. Ano 2006

Sobre este conxunto de datos

A “Enquisa de condicións de vida das familias” (ECV) é unha actividade estatística anual que desde 1999 realiza o Instituto Galego de Estatística. Trátase dunha enquisa dirixida aos fogares galegos co obxecto de obter información sobre as súas características socioeconómicas.

Consta de dous módulos :

  • Un primeiro de carácter xeral que se repite todos os anos, deseñado para recoller información sobre variables básicas que, pola súa importancia e dinamismo, necesitan unha periodicidade anual
  • Un segundo módulo de carácter específico dedicado a bloques temáticos de variables que presentan unha máis lenta evolución, polo que non necesitan un período anual de recollida de datos.

Achéganos a túa opinión