Preguntas máis frecuentes
Si, mediante o correspondente formulario na sección “Ideas”.
Si, mediante o correspondente formulario na sección “Ideas”.
O emprego de diferentes formatos obedece a que os mesmos datos poden distribuírse para ser reutilizados desde programas e ferramentas diversas, cada unha máis habitual ou apropiada segundo o tipo de axente reutilizador ou destinatario da información.
O Goberno da Xunta de Galicia e as súas entidades públicas non serán en ningún caso responsables de calquera prexuízo producido derivado da reutilización dos datos publicados, xa sexa por falta de actualización, inexactitude ou omisión nos mesmos, mala interpretación etc. Existen medios de contacto a disposición de calquera persoa ou axente reutilizador interesado para informar de calquera problema ou incorrección detectada nos datos e no propio catálogo.
Si, sempre que se respecten as condicións de utilización establecidas. O uso pode ser tanto persoal ou non comercial como comercial.
Si, segundo a data de última actualización indicada na ficha de detalle de cada conxunto de datos. Se cre que algún conxunto de datos en concreto non se atopa debidamente actualizado, por favor fáganolo saber.
Si, son os mesmos que desde as diversas entidades da Xunta de Galicia se ofrecen actualmente mediante os seus propios medios electrónicos (portais e servizos web propios etc.). Se detecta que algún conxunto de datos ou formato ofrecido por algunha das devanditas entidades públicas non foi aínda catalogado no portal de Datos Abertos, por favor fáganolo saber.
Os datos abertos son datos aos que calquera pode acceder, ademais de poder utilizalos e compartilos.