Os formatos

O obxectivo final da iniciativa é lograr a publicación da maior cantidade posible de datos, empregando formatos estruturados, preferiblemente non propietarios e procesables de forma automática.

Canto mellor estruturados e enriquecidos estean os datos máis doada será a súa reutilización e a construción de aplicacións para o seu tratamento automatizado. O uso de formatos estándar abertos permitirá que os datos sexan tratados con diversos tipos de ferramentas sen necesidade de ter que adquirir licenzas de uso.

Entre os formatos abertos máis comúns en que se poden distribuír os datos destacamos os seguintes:

(Comma- Separated Values): é un formato simple para o almacenamento de datos tabulares en texto plano que se utiliza frecuentemente para o intercambio de información entre distintas follas de cálculo que utilizan outros formatos propietarios.

(HyperText Markup Language): linguaxe utilizada para describir a estrutura e o contido en forma de texto, así como para complementar o texto con obxectos tales como imaxes, na elaboración de páxinas web.

(JavaScript Object Notation): é un formato utilizado para intercambio de datos, sendo un subconxunto da notación literal de obxectos de JavaScript, pero independente de linguaxe. O seu emprego evita o uso de XML e fíxose moi popular sobre todo entre desenvolvementos AJAX.

(Keyhole Markup Language) e (Keyhole Markup Language compressed): formato XML para a creación de modelos e almacenamento de funcións xeográficas como puntos, liñas, imaxes, polígonos e modelos. Empréganse principalmente para compartir mapas e información xeográfica. É o estándar do Open Geospatial Consortium e pode empregarse a través de Google Earth. Os ficheiros KML habitualmente distribúense comprimidos como arquivos KMZ.

(OpenDocument Spreadsheet): formato de datos aberto e estándar, emprégase para o almacenamento de follas de cálculo que amosan información en celas organizadas en filas e columnas. Cada unha desas celas contén datos ou fórmulas con referencias –relativas ou absolutas– a outras celas.

(Resource Description Framework): non é un formato en si mesmo, senón que define un framework de metadatos como linguaxe para representar a información na web. É un modelo universal que permite intercambiar e enlazar a través de diferentes aplicacións datos e recursos sen que perdan o seu significado, o que facilita a reutilización e o enriquecemento dos recursos na web. RDF represéntase a través de diversas serializacións, sendo a máis habitual a que emprega a notación XML/RDF.

(Really Simple Sindication): é un vocabulario que permite a catalogación de información de maneira que sexa posible encontrar información precisa adaptada ás preferencias dos/as usuarios/as. Os arquivos RSS conteñen metadatos sobre fontes de información especificadas polos/as usuarios/as cuxa función principal é avisalos/as de que os recursos que eles/as seleccionaron para formar parte dese RSS foron actualizados sen necesidade de comprobar directamente a fonte, é dicir, notifican de forma automática calquera cambio que se realice neses recursos.

(Simple Object Access Protocol): é un dos protocolos abertos empregados nos servizos web, definindo como dous obxectos en diferentes procesos poden comunicarse intercambiando datos XML.

(Web Feature Service): servizo web que permite interactuar cos mapas servidos por WMS utilizando a linguaxe GML, derivada de XML. Permite recuperar datos vectoriais e a información alfanumérica ligada aos mesmos e realizar consultas tanto espaciais como alfanuméricas. A súa especificación está recollida en OGC (Open Geoespatial Consortium).

(Web Map Service): servizo web en formato aberto estándar que produce vía http mapas de datos referenciados espacialmente de forma dinámica a partir de información xeográfica. A súa especificación está recollida en OGC (Open Geoespatial Consortium).

(eXtensible Markup Language): é unha metalinguaxe extensible de etiquetas, entendida como unha maneira de definir linguaxes para diferentes necesidades, e particularmente para o intercambio de información estruturada entre diferentes plataformas. Describe os datos de forma que, empregando etiquetas, sexa posible estruturalos, tal como o fai HTML, pero que neste caso non están predefinidas, senón que podemos definir novos vocabularios para cubrir as nosas necesidades; por exemplo, KML (Keyhole Markup Language) para a creación de modelos e o almacenamento de funcións xeográficas, que utilizarán principalmente en aplicacións de xeoposicionamento e mapas.