As iniciativas de datos abertos e reutilización da información do sector público ampáranse nun regulamento que establece as normas esenciais da xestión da información que obra en poder das distintas Administracións. Desta forma, os diferentes gobernos e organismos públicos contan cun marco legal de referencia que establece os dereitos e obrigas desa reutilización por parte de empresas, cidadáns/ás ou doutras administracións.
Esta normativa fixa as condicións de reutilización dos documentos nas súas diferentes modalidades e de forma equitativa, proporcionada e non discriminatoria para o tratamento da información.
Para o caso da iniciativa Open Data da Xunta de Galicia, a normativa na que se asentan as prácticas de apertura de datos é a que, a nivel comunitario, estatal e autonómico, se define nos seguintes textos:
Normativa comunitaria
- Directiva (UE) 2019/1024 do Parlamento Europeo e do Consello de 20 de xuño de 2019 relativa aos datos abertos e á reutilización da información do sector público
- Comunicación da Comisión Europea (24/07/2014): Directrices sobre as licenzas normalizadas recomendadas, os conxuntos de datos e o cobro pola reutilización dos documentos
- Resolución lexislativa do Parlamento Europeo, do 13 de xuño de 2013, sobre a proposta de Directiva do Parlamento Europeo e do Consello pola que se modifica a Directiva 2003/98/CE relativa á reutilización da información do sector público
- Directiva 2003/98/CE do Parlamento Europeo e do Consello, de 17 de novembro de 2003, relativa á reutilización de información do sector público
Normativa estatal
- Lei 18/2015, de 9 de xullo, pola que se modifica a Lei 37/2007, de 16 de novembro, sobre reutilización da información do sector público
- Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno (que recolle entre os principios xerais da publicidade activa e do Portal de Transparencia, o da reutilización da información pública)
- Resolución do 19 de febreiro de 2013, da Secretaría de Estado de Administracións Públicas, pola que se aproba a Norma Técnica de Interoperabilidade de Reutilización de recursos da información
- Real Decreto 1495/2011, do 24 de outubro, polo que se desenvolve a Lei 37/2007, de 16 de novembro, sobre reutilización da información do sector público, para o ámbito do sector público estatal
- Real Decreto 4/2010, de 8 de xaneiro, polo que se regula o Esquema Nacional de Interoperabilidade no ámbito da Administración electrónica
- Lei 37/2007, de 16 de novembro, sobre reutilización da información do sector público
Normativa autonómica