PDF (3.51 Mb) | Datos estatísticos en cadros e gráficos |
O Anuario de estatísticas sociolaborais recompila os principais datos da Comunidade Autónoma de Galicia no presente exercicio e ás seguintes áreas temáticas: conciliacións, individuais e colectivas, eleccións sindicais, folgas e peches patronais, infraccións e sancións na orde social, regulación de emprego, apertura de centros de traballo, empresas de traballo temporal e desprazamento transnacional de persoas traballadoras.
Ao inicio de cada capítulo figura unha indicación da metodoloxía empregada e incorpórase un apartado de fontes e notas explicativas, con expresión da materia obxecto de investigación, as principais disposicións legais que a regulan, as fontes das que se obteñen os datos primarios e unhas breves notas metodolóxicas de carácter xeral e cadros concretos.
- Data de alta: 31-12-2012
- Data de actualización: 31-12-2012
- Frecuencia de actualización: anual
- Licenza: Creative Commons Recoñecemento 3.0
- Fonte de datos: Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade
...outros conxuntos de datos relacionados
...outros conxuntos de datos de Economía, empresa e emprego