Accesibilidade

Conformidade a estándares e Accesibilidade desta web

Política de accesibilidade

A Xunta de Galicia procura que a presentación de todos os contidos e funcionalidades esenciais do portal Abert@s sexa independente dos dispositivos físicos e navegadores web empregados para tal fin, e accesibles para navegadores adaptados a persoas con minusvalías ou limitacións sensoriais, motoras ou cognitivas.

A política de accesibilidade aplicada pola Xunta de Galicia está aliñada coas esixencias do Real Decreto 1494/2007, de 12 de novembro, que aproba o Regulamento sobre as condicións básicas para o acceso das persoas con discapacidade ás tecnoloxías, produtos e servizos relacionados coa sociedade da información e medios de comunicación social.

Co cumprimento destas esixencias, a Xunta de Galicia aplica tamén o sinalado no artigo 25 do Decreto 201/2011, do 13 de outubro, polo que se regula a presenza da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia na internet, que menciona que os portais incluídos no seu ámbito de aplicación (todos os órganos e ás unidades da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia) deberán:

  • Garantir na publicación dos seus contidos o cumprimento dos criterios xeralmente admitidos en materia de accesibilidade, prestando especial atención ao acceso á información por parte dos colectivos con diversidade funcional.
  • Garantir que a información dispoñible neses portais da internet sexa accesible á cidadanía cun nivel mínimo de conformidade AA da última revisión da Norma UNE 139803

Alcance

O alcance desta declaración de conformidade de accesibilidade é o de todas as páxinas do portal web Abert@s que manteñan a mesma cabeceira e pé de páxina que a súa portada.

Cumprimento de estándares

  • As páxinas deste sitio web cumpren todos os requisitos de Prioridade 1 e Prioridade 2 segundo a Norma UNE 139803:2004.
  • Cumprimento das normas WCAG 1.0 (Web Content Accessibility Guidelines) do W3C(World Wide Web Consortium), no seu nivel intermedio (AA).
  • A presentación baséase na recomendación do W3C sobre as Follas de Estilo en Cascada Nivel 2 Revisión 1 (CSS 2.1).
  • Empregouse a linguaxe de marcado XHTML na súa especificación 1.0 Transicional.

Recoméndase utilizar as versións máis recentes de navegadores tales como Mozilla Firefox, Chrome, Opera, Konqueror, Internet Explorer, Safari, etc.

Data de última revisión

A última revisión sobre o nivel de accesibilidade deste portal foi realizada con data de 31/01/2012.

Uso das características de accesibilidade

O acceso ás características de accesibilidade varía entre os navegadores máis utilizados. Nesta sección descríbense os métodos concretos para sacar o maior partido ás facilidades que proporciona cada un deles.

Teclas de acceso rápido

O acceso ás ligazóns que teñen unha tecla de acceso rápido definida realízase pulsando distintas combinacións de teclas segundo o navegador:

  • Microsoft Internet Explorer; pulse a combinación de teclas Alt tecla de acceso rápido e a continuación Retorno Enter.
  • Netscape e Firefox: pulse a un tempo as teclas Shift (a empregada para escribir letras maiúsculas unha a unha) e Alt, e a a tecla de acceso rápido.
  • Opera 7 e superior: pulse a un tempo as teclas Shift (a empregada para escribir letras maiúsculas unha a unha) e Esc, sólteas e a continuación pulse só a tecla de acceso rápido.
  • En Macintosh a tecla Alt substitúese pola tecla Ctrl.

Neste portal están dispoñibles as teclas de acceso rápido:

  • 0 - Portada
  • 1 - Mapa do portal
  • 2 - Accesibilidade
  • 3 - Atendémolo/a

No caso de haber tabs as teclas son:

  • A - Primeira
  • B - Segunda
  • C - Terceira

E así sucesivamente.

Tamaño dos textos

As páxinas do portal Abert@s da Xunta de Galicia especifican o tamaño dos textos de forma relativa, é dicir, permiten que os navegadores aumenten ou diminúan o tamaño dos textos segundo as preferencias do usuario, e sen crear problemas de visualización.

Pode controlar o tamaño dos textos no seu navegador da seguinte maneira:

  • Microsoft Internet Explorer: a través do menú ”Ver” > ”Tamaño de texto”.
  • Netscape e Firefox: a través do menú ”Ver” > ”Tamaño do texto” ou empregando a combinación de teclas Ctrl "+" ou Ctrl "-", segundo se queira aumentar ou diminuír o tamaño do texto, respectivamente. Pulsando Ctrl= restablece o texto ao tamaño normal.
  • Opera 7 e superior: a través do menú ”Ver” > ”Escala” ou empregando as teclas , - e * segundo se queira aumentar, diminuír ou restablecer o tamaño do texto.

Alto contraste

Establécese a posibilidade de visualizar a web a través dun formato de alto contraste para que poida ser consultada con maior facilidade por persoas con algún tipo de deficiencia visual.

 

Navegación

Para facilitar a navegación e identificación deste portal, todas as súas páxinas manteñen compoñentes comúns como a cabeceira e o pé de páxina.

A cabeceira contén, principalmente:

Un espazo de utilidades:

  • Ligazón ao portal corporativo da Xunta
  • Atendémolo
  • Mapa do portal
  • Accesibilidade
  • Suxestións e queixas
  • Versións idiomáticas do portal (galego e castelán)

Un menú principal con...

  • Que é?
  • O catálogo
  • Condicións de uso
  • Ideas!
  • Preguntas máis frecuentes

O pé contén, principalmente:

  • Ligazóns á páxina de inicio de Abert@s, á “Oficina de rexistro único e información”, á sección de “Suxestións e queixas”, a información de “Aviso legal”, ao servizo de “Atendémolo/a” e a imaxe da marca Galicia con ligazón ao portal web de Turgalicia.

Contacto

A Xunta de Galicia, na súa procura de mellorar de xeito continuado a accesibilidade deste portal, convida a que a cidadanía notifique as dificultades coas que se puido atopar, ademais de calquera outra suxestión sobre a accesibilidade que estime, a través do servizo de atención e contacto Atendémolo/a.