PORTAL OPEN DATA DA XUNTA DE GALICIA

Estás en:
  • que é? >
  • Datos e Goberno Aberto
Compartir

Compártao :

Datos e Goberno Aberto

Nos últimos anos cobrou auxe unha corrente mundial denominada Datos Abertos (ou Open Data en inglés) cuxa filosofía é promover a posta a disposición pública de datos en forma e maneira que poidan ser facilmente consultados, redistribuídos e reutilizados libremente por calquera que o desexe, gardando en todo momento a debida privacidade e seguridade da información.

Se os datos postos a disposición pública son datos xestionados polas Administracións públicas ou organismos dependentes, é frecuente empregar o termo Open Government Data para referirse a este caso particular de aplicación de Datos Abertos, que implica ofrecer os mesmos cumprindo polo menos coas seguintes premisas :

  • Os datos deben ser primarios e completos , é dicir non sufrir transformación, agregación ou recorte por tratamento previo, salvo a necesaria omisión de elementos conformadores de información protexida (como datos persoais, etc.).
  • Os datos deben ofrecerse coa maior concreción e nivel de detalle posible.
  • Os datos deben distribuírse en formatos procesables por máquinas (de forma automática) e formatos non propietarios (formatos non suxeitos a tecnoloxías de acceso protexidas por licencias pechadas).
  • Os datos deben ofrecerse oportunamente , é dicir, publicarse a tempo e estar actualizados , cunha frecuencia óptima para manter o seu valor.
  • Debe garantirse o acceso sen restricións nin requisitos aos datos para calquera usuario e finalidade.

Goberno Aberto

As Administracións públicas foron adoptando progresivamente o concepto de “Administración electrónica” ou “Goberno electrónico” (e-Gov, do inglés e-Government ), por medio da icorporación de Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TICs) e o uso de ferramentas da Web 2.0, para facilitarlle á cidadanía os seus trámites administrativos e darlle un maior control sobre os seus expedientes, mellorando a transparencia da Administración.

O concepto de Goberno Aberto (Ogov, do inglés Open Government ) trata de ir máis aló, aproveitando ferramentas e tecnoloxías innovadoras para establecer mecanismos de comunicación permanentes e transparentes coa cidadanía, a fin de facilitar unha evolución cara a modelos máis avanzados de xestión pública que permitan abordar de maneira máis efectiva os impredicibles desafíos que deparan as novas realidades.

El Goberno Aberto avoga por un modelo aberto e participativo , involucrando á cidadanía na mellora dos servizos públicos e a proposta de novas políticas, así como tamén alentando a colaboración dos funcionarios públicos no desenvolvemento de accións innovadoras, e tomando decisións baseadas nas necesidades e preferencias da cidadanía.

Pero para poder participar nas decisións, a cidadanía debe contar previamente con toda aquela información pública que lle permita interpretar e analizar as actuacións a valorar , algo que pode posibilitarse grazas aos Datos Abertos.

Que datos necesitas?

Localizar por temas
  •  
  • ajax-load
  •  
  •  
  •  
Localizar por contido
  •  
  • ajax-load
  •  
  •  
  •  
Localizar por formato
  •  
  • ajax-load
  •  
  •  
  •  
Localizar por fonte de datos
  •  
  • ajax-load
  •  
  •  
  •