$politica.getTypeSettingsProperties().getProperty($description)

Política de cookies Acepto as cookies
Tipos de datos

Nas Administracións públicas almacénanse e xestiónanse unha enorme cantidade de documentos e datos, de moi variada natureza, que en moitos casos ten un alto potencial de cara á súa reutilización pública. Entre os tipos de datos que habitualmente son susceptibles de publicación podemos destacar, entre outros, aqueles relacionados con:

  • Información medioambiental: meteoroloxía, datos atmosféricos e calidade ambiental, recursos hídricos, xeoloxía etc.
  • Información xeográfica: cartografía e topografía, datos espaciais etc.
  • Información turística: recursos de interese, aloxamentos, turismo activo, estatísticas de visitantes etc.
  • Información cultural, deportiva e de lecer: museos e arte, bibliotecas e literatura, arqueoloxía e patrimonio, música e espectáculos, centros e probas deportivas etc.
  • Información sobre transporte: tráfico de persoas e mercadorías, medios e redes de transporte, rexistros de vehículos, sinistralidade etc.
  • Información territorial e de vivenda: urbanismo e infraestruturas, medio rural, costas etc.
  • Información administrativa e legal: función pública, trámites e servizos, lexislación, xurisprudencia, patentes, seguridade e criminalidade etc.
  • Información sociosanitaria: demografía, saúde, dependencia e inclusión, maiores etc.
  • Información económica, empresarial e de emprego: información financeira, rexistros de empresas, industria e comercio, agricultura, gandería e pesca, emprego e formación etc.
  • Información científico-tecnolóxica: investigación e innovación, telecomunicacións, publicacións científicas, universidade etc.

A través desta iniciativa a Xunta de Galicia desexa realizar unha apertura de datos públicos que comprenda o maior número de tipoloxías posible, tendo en conta que a competencia sobre algúns tipos de datos pode pertencer a diferentes ámbitos administrativos (local, rexional e nacional), polo que é posible que finalmente non se cubra todo o espectro de conxuntos de datos que poderían ter cabida en cada tipoloxía, dado que o ámbito desta iniciativa é unicamente a Administración rexional.