Condicións de uso
Este aviso legal recolle as condicións xerais que rexen a reutilización da información do sector público da Comunidade Autónoma de Galicia, que se rexerá, con carácter xeral, pola Lei estatal 37/2007, do 16 de novembro, sobre reutilización da información do sector público e as súas posteriores modificacións e normativa de desenvolvemento (Real Decreto 1495/2011) pola Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (Capítulo III do Título I) e polo Decreto 201/2011, de 13 de outubro, polo que se regula a presenza da Administración xeral e do sector autonómico de Galicia en Internet.
Conceptos sobre a reutilización
Enténdese por "reutilización" o uso de documentos que obran en poder da Administración xeral da Xunta de Galicia e das entidades que integran o sector público autonómico, por parte de persoas físicas ou xurídicas, con fins comerciais ou non comerciais, sempre que o devandito uso non constitúa unha actividade administrativa pública.
Enténdese por "documento" toda información, calquera que sexa o seu soporte material ou electrónico, así como a súa forma de expresión gráfica, sonora ou en imaxe utilizada.
Enténdese por "axente reutilizador" toda persoa física ou xurídica que reutilice información do sector público con fins comerciais ou non comerciais.
Condicións para a reutilización
O acceso aos datos que a Administración xeral da Comunidade Autónoma e entidades que integran o sector público autonómico poñen a disposición da cidadanía e empresas no seu portal Abert@s implica a expresa e plena aceptación destas condicións de uso na versión publicada no momento no que o/a usuario/a acceda a estas. Isto é así sen prexuízo das condicións particulares que puidesen aplicarse a algúns contidos ou servizos concretos do sitio web.
Todos os conxuntos de datos, se non se indica o contrario, publícanse baixo os termos da licenza Creative Commons-Reconocimiento (CC-by 3.0), que permite que os datos:
- Se poidan copiar, distribuír e divulgar publicamente
- Poidan servir como base a obras derivadas como resultado da súa análise ou estudo
- Poidan utilizarse con fins comerciais e non comerciais
Todo isto, suxeitando a reutilización da información ás seguintes condicións:
- Que o contido da información non sexa alterado
- Que non se desnaturalice o sentido da información
- Que se cite á fonte e se mencione a data da última actualización
- Para estes efectos, deberá empregarse a seguinte fórmula para citar os datos:
Fonte dos datos: Xunta de Galicia
No caso de que se incluíse esta cita en formato HTML, pode utilizar o seguinte marcado, ou similar:<p>Fonte dos datos: <a href="https://abertos.xunta.gal" title="Abert@s: Portal Open Data da Xunta de Galicia"> Xunta de Galicia</a><p>
Os metadatos sobre a data de actualización e as condicións de reutilización incluídos no documento posto a disposición para a súa reutilización deben conservarse, sen que poidan alterarse nin suprimirse. - Non se autoriza en ningún caso o uso de logotipos, marcas, escudos e símbolos distintivos da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades integrantes do sector público autonómico en publicacións e webs que non estean participadas ou patrocinadas por estas.
- Non se poderá indicar, insinuar ou suxerir que Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia ou as entidades integrantes do sector público autonómico participan, patrocinan ou apoian a reutilización da información posta a disposición neste portal web.
A Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia resérvase o dereito de publicar conxuntos de datos respecto dos que se deba satisfacer o pagamento de contraprestacións económicas nos termos previstos nos artigos 23 do Decreto 201/2011, de 13 de outubro, e 7, da Lei 37/2007, do 16 de novembro.
A Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e as entidades integrantes do sector público autonómico resérvanse o dereito de publicar conxuntos de datos suxeitos a condicións específicas de reutilización que se incorporarán, nese caso, nunha licenza específica.
Exclusión de responsabilidade
A Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e as entidades integrantes do sector público autonómico non serán responsables do uso que da súa información fagan os axentes reutilizadores nin tampouco polos danos sufridos ou as perdas económicas que se deriven directa ou indirectamente do uso da información reutilizada.
A Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e as entidades integrantes do sector público autonómico non garanten a continuidade na posta a disposición dos documentos reutilizables, nin en contido nin en forma, nin asumen responsabilidades por calquera erro ou omisión contidos neles. Resérvanse a facultade de efectuar, en calquera momento e sen necesidade de previo aviso, modificacións e actualizacións sobre a información contida, a súa configuración ou presentación.
Responsabilidade do axente reutilizador
O axente reutilizador reutilizará os datos pola súa conta e risco, respondendo en exclusiva fronte a terceiros polos danos derivados da devandita reutilización.
Está suxeito á normativa aplicable en materia de reutilización da información do sector público, incluíndo o réxime sancionador previsto no artigo 11 da Lei 37/2007, do 16 de novembro, sobre reutilización da información do sector público.
Privacidade e protección de datos
A política de privacidade da Xunta de Galicia baséase en solicitar unicamente os datos estritamente imprescindibles para poder xestionar e proporcionarlle ás persoas usuarias desta páxina os servizos que ten dispoñibles.
Informámoslle de que o tratamento dos datos de carácter persoal que se realice a través de calquera apartado desta páxina web estará suxeito ao establecido na Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais e ao resto da normativa de aplicación. Aqueles datos que se recollan serán tratados e almacenados co consentimento da persoa titular, quen ten dereito a coñecer quen trata os seus datos, para que os usa e se se utilizan unicamente para o fin para o cal foron requiridos, ou se se ceden a terceiras persoas, para poder decidir libremente, a excepción dos supostos previstos legalmente, se consinte ou non o tratamento dos seus datos, así como para poder exercitar os dereitos que lle recoñece a normativa vixente.
En todo caso, de conformidade coa Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia informa de que os datos persoais facilitados pola cidadanía a través dos diferentes formularios ou solicitudes existentes nesta páxina serán tratados conforme ás cláusulas informativas que figuran ao seu pé.
Non obstante, con carácter supletorio, no caso de que formularios ou solicitudes carezan de cláusulas, será aplicable a presente Política de Privacidade. Os datos que se recollan incorporaranse aos ficheiros titularidade da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, á que se poderán dirixir por escrito, acompañando copia do DNI, para exercitar calquera dos dereitos que lle recoñece a normativa vixente en materia de protección de datos.
Os ficheiros de datos de carácter persoal que son titularidade desta Axencia poderán consultalos na páxina web da Axencia Española de Protección de Datos (www.agpd.es), no apartado correspondente aos ficheiros de titularidade pública.
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia resérvase a facultade de modificar a presente política de privacidade, de aplicación exclusiva a esta páxina web.
Consultas e comentarios
Se ten algunha dúbida ou desexa enviar unha consulta ou comentario relacionado con estas Condicións de uso lembre que pode facelo a través do servizo Atención á cidadanía.