ODS (70 kb) | Talleres artesáns do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia |
Na Lei 1/1992, do 11 de marzo, de artesanía de Galicia, que regula e apoia a actividade artesanal na Comunidade autónoma, defínese, entre outras, a figura do taller artesán.
Esta cualificación corresponde a toda unidade económica na que se realicen actividades artesanais e que reúna estas condicións:
- Que a actividade desenvolvida teña un carácter preferentemente manual, sen que perda este carácter polo emprego de utensilios e maquinaria auxiliar sempre que se orixine un produto individualizado.
- Que como responsable da actividade figure un artesán ou un mestre artesán que a dirixa e participe nela.
- Que a actividade que desenvolva figure rexistrada na sección de actividades artesás do Rexistro Xeral da Artesanía de Galicia.
- Que o número de traballadoras/es non familiares empregados con carácter permanente non exceda de dez, excepto os/as aprendices alumnos/as
Tamén poderán gozar da consideración de taller artesán aquelas unidades de carácter cooperativo ou asociativo que se dediquen exclusivamente á comercialización de produtos artesáns, sempre que todos/as os/as seus integrantes sexan, á súa vez, profesionais de artesanía.
A fonte da información dispoñible neste arquivo de descarga é a sección de talleres artesáns do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia. O .ods contén o nome comercial do taller, número de rexistro, tipo de actividade/s, dirección, código postal, provincia, código INE de concello, concello, localidade, páxina web e número de teléfono dos máis de 600 talleres artesáns inscritos no Rexistro.
- Data de alta: 27-05-2013
- Data de actualización: 24-09-2023
- Frecuencia de actualización: diario
- Licenza: Creative Commons Recoñecemento 3.0
- Fonte de datos: Consellería de Economía, Industria e Innovación
...outros conxuntos de datos de Cultura e ocio
...outros conxuntos de datos de Economía, empresa e emprego