Aulas da Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica (CeMIT)
Descarga de datos
CSV (21 Kb)
Datos en formato .csv
KML (154 Kb)
Datos en formato .kml
ODS (15 Kb)
Datos en formato .ods
Descrición

Relación das aulas públicas que conforman a Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica (CeMIT) de Galicia.

Desde estes centros, impulsados pola Xunta de Galicia en colaboración cos Concellos, promóvense actividades formativas e divulgativas que teñen como finalidade promover o uso das novas tecnoloxías entre a poboación, con especial atención aos colectivos máis afectados pola fenda dixital, fomentar a formación dixital entre os/ás profesionais galegos/as e mostrar ás pemes e micropemes as vantaxes da sociedade da información.

A rede CeMIT votou a andar en marzo de 2011 e está integrada hoxe por 96 aulas distribuídas por toda a xeografía galega, de tal xeito que cada galego/a ten un aula a media hora de distancia do seu fogar e pode acceder á formación desde calquera punto.

Os arquivos .csv e .kml conteñen os seguintes datos de cada centro: nome, concello, código postal, provincia, enderezo, teléfono, fax, horario, correo electrónico, ficha do centro no portal https://cemit.xunta.gal (onde poden verse as súas actividades) e coordenadas de xeorreferenciación.

 

Ver en Servizos no mapa

 

Información xeral
Achéganos a túa opinión

Introduza os caracteres que aparecen a continuación: