Sistema de indicadores da administración dixital - relacións coa cidadanía 2024

Descarga

Cadro de mando de relacións coa cidadanía 2024

Sobre este conxunto de datos

O Sistema de indicadores da administración dixital (creado pola Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia) mide a evolución e o impacto do desenvolvemento dixital do sector público autonómico galego.
 
Este sistema está constituído polos indicadores do funcionamento da propia Administración, a partir da información dispoñible nos sistemas e nas aplicacións que lle dan soporte á actividade dixital desta.
 
O ficheiro en formato .ODS que poderá descargar nesta páxina contén datos:
  • da sede electrónica (número de presentacións, número de accesoa á Carpeta cidadá e número de persoas interesadas con presentación na sede electrónica)
  • do Sistema Único de Rexistro (anotacións, entradas, porcentaxe de entradas electrónicas...)
  • do Sistema de notificacións electrónicas de Galicia Notifica.gal (número de notificacións electrónicas e número de persoas distintas con notificacións electrónicas)
  • de acreditación dixital (número total de usuarios activos e número de usuarios dados de alta en Chave365)
  • do Rexistro Electrónico Xeral de Apoderamentos de Galicia (número total de poderes inscritos e número de poderes vixentes)

Achéganos a túa opinión