Rexistro de talleres de artesanía
Descarga
Talleres artesáns do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia
(70 kb)
Sobre este conxunto de datos
Na Lei 8/2023, do 14 de decembro, de artesanía de Galicia, que regula e apoia a actividade artesanal na Comunidade autónoma, defínese, entre outras, a figura do taller artesán.
Esta lei ten por obxecto a ordenación, a promoción, o fomento, a modernización e a profesionalización do sector artesanal na Comunidade Autónoma de Galicia, co fin de promover o desenvolvemento da artesanía como actividade económica sustentable, garantir a protección das súas diversas manifestacións e manter canles de cooperación e colaboración entre o sector artesanal galego e a Administración autonómica de Galicia.
A lei regula, entre outras, a figura do obradoiro artesán, que se define como toda persoa física ou xurídica legalmente constituída que forme unha unidade económica situada no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e que realice unha actividade comprendida na Relación de actividades artesás de Galicia.
O título de obradoiro artesán outorgarase aos obradoiros artesáns que reúnan os seguintes requisitos, sen prexuízo dos que, se é o caso, se establezan regulamentariamente:
a) Que a persoa artesá responsable da actividade produtiva sexa a que dirixa ou controle a totalidade do proceso produtivo, asegurando o carácter artesán do produto.
b) Que a persoa titular da unidade económica estea dada de alta no imposto de actividades económicas e no réxime que corresponda da Seguridade Social e, ademais, que estea ao día no pagamento das obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria, coa Seguridade Social e coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
c) Que o número de persoas traballadoras empregadas non exceda de dez.
Excepcionalmente, a Comisión Galega da Artesanía, en atención á natureza da actividade desenvolvida, poderá propoñer como obradoiro artesán aquel que, mesmo superando o número de persoas traballadoras establecidas no parágrafo anterior, cumpra os outros requisitos previstos.
Tamén poderán obter o título de obradoiro artesán aquelas unidades de carácter cooperativo ou asociativo que se dediquen á elaboración e comercialización de produtos artesáns, sempre que cumpran os requisitos do apartado anterior e os que se establezan regulamentariamente.
- Data de alta: 27-05-2013
- Data de actualización: 24-09-2025
- Frecuencia de actualización: diario
- Licenza: Creative Commons BY SA 4.0
- Fonte de datos: Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
...outros conxuntos de datos de Cultura e ocio
...outros conxuntos de datos de Economía, empresa e emprego
Achéganos a túa opinión
Entidade | Mision |
---|---|
Responsable do tratamento | Xunta de Galicia – Consellería de Facenda e Administración Pública |
Finalidades do tratamento | Xestionar as suxestións, propostas ou dúbidas sobre os conxuntos de datos publicados neste portal e recoller información sobre posibles experiencias de reutilización levadas a cabo con datos deste catálogo para divulgar estas iniciativas na páxina “Experiencias” deste portal |
Lexitimación para o tratamento | Cumprimento dunha misión realizada en interese público e dunha obrigación legal fundamentadas no disposto na Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno de Galicia e polo Decreto 201/2011, do 13 de outubro, polo que se regula a presenza da Administración xeral e do sector autonómico de Galicia na Internet |
Destinatarios dos datos | Administracións públicas do ámbito estatal, autonómico ou local cando sexa estritamente necesario para a xestión da súa solicitude, comunicación ou suxestión. No caso de que se xestione a publicación da experiencia de reutilización a través da páxina “Experiencias” deste portal, acompañarase do nome e apelidos ou razón social do autor/a |
Exercicio de dereitos | As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercitar outros dereitos ou retirar o consentimento segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos |
Contacto delegado/a de protección de datos e máis información | https://www.xunta.gal/proteccion-datos-persoais |