Relación e localización dos 128 areais galegos que acadaron a distinción de bandeira azul en 2013. O ficheiro .csv contén as referencias do nome da praia, o lugar, parroquia, concello -dun total de 36- e provincia no que se atopa, o tipo de ocupación que presenta na época estival (alta, baixa ou media), o tipo de praia (resgardada ou aberta) e o tipo de area que presenta (fina, grosa ou cantos rodados), así como a súa lonxitude en metros, coordenadas de xeolocalización e enderezo web para obter máis información do areal.
A partir desta última referencia web pódese ampliar a información aquí dispoñible coa que proporciona Turgalicia na súa páxina.
- Data de alta: 19-07-2013
- Data de actualización: 19-07-2013
- Frecuencia de actualización: anual
- Licenza: Creative Commons Recoñecemento 3.0
- Fonte de datos: Turismo de Galicia
...outros conxuntos de datos relacionados
...outros conxuntos de datos de Cultura e ocio
...outros conxuntos de datos de Territorio, vivenda e transporte
...outros conxuntos de datos de Medio ambiente