Enquisa de condicións de vida das familias. Coñecemento e uso do galego. Rexistro de persoas. Ano 2013
Descarga
Descarga un .zip que contén un ficheiro .txt
(433 Kb)
Sobre este conxunto de datos
Neste módulo analízase o grao de coñecemento do idioma galego nas súas distintas formas (oral e escrito) e o seu uso en distintos ámbitos sociais.
A “Enquisa de condicións de vida das familias” (ECV) é unha actividade estatística anual que desde 1999 realiza o Instituto Galego de Estatística. Trátase dunha enquisa dirixida aos fogares galegos co obxecto de obter información sobre as súas características socioeconómicas.
Consta de dous módulos:
- Un primeiro de carácter xeral que se repite todos os anos, deseñado para recoller información sobre variables básicas que, pola súa importancia e dinamismo, necesitan unha periodicidade anual.
- Un segundo módulo de carácter específico dedicado a bloques temáticos de variables que presentan unha máis lenta evolución, polo que non necesitan un período anual de recollida de datos.
- Data de alta: 05-02-2015
- Data de actualización: 05-02-2015
- Frecuencia de actualización: sen_periodicidade
- Licenza: Creative Commons BY SA 4.0
- Fonte de datos: IGE - Instituto Galego de Estatística
...outros conxuntos de datos de Cultura e ocio
...outros conxuntos de datos de Saúde, asistencia sanitaria e servizos sociais
Achéganos a túa opinión
INFORMACIÓN BÁSICA SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS
Entidade | Mision |
---|---|
Responsable do tratamento | Xunta de Galicia – Consellería de Facenda e Administración Pública |
Finalidades do tratamento | Xestionar as suxestións, propostas ou dúbidas sobre os conxuntos de datos publicados neste portal e recoller información sobre posibles experiencias de reutilización levadas a cabo con datos deste catálogo para divulgar estas iniciativas na páxina “Experiencias” deste portal |
Lexitimación para o tratamento | Cumprimento dunha misión realizada en interese público e dunha obrigación legal fundamentadas no disposto na Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno de Galicia e polo Decreto 201/2011, do 13 de outubro, polo que se regula a presenza da Administración xeral e do sector autonómico de Galicia na Internet |
Destinatarios dos datos | Administracións públicas do ámbito estatal, autonómico ou local cando sexa estritamente necesario para a xestión da súa solicitude, comunicación ou suxestión. No caso de que se xestione a publicación da experiencia de reutilización a través da páxina “Experiencias” deste portal, acompañarase do nome e apelidos ou razón social do autor/a |
Exercicio de dereitos | As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercitar outros dereitos ou retirar o consentimento segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos |
Contacto delegado/a de protección de datos e máis información | https://www.xunta.gal/proteccion-datos-persoais |