Relación e localización dos 111 areais galegos con distinción de bandeira azul en 2021. Os ficheiros csv, ods e xlsx conteñen as referencias do nome da praia, o lugar, a parroquia, o concello e a provincia nos que se atopa, o tipo de praia (resgardada ou aberta) e o tipo de area que presenta (fina, grosa ou cantos rodados), así como a súa lonxitude en metros, as coordenadas de xeolocalización e a páxina web onde obter máis información do areal.
A partir desta última referencia web pódese ampliar a información coa que proporciona a Axencia Turismo de Galicia no seu portal ou ver imaxes da praia en cuestión.
- Data de alta: 15-05-2021
- Data de actualización: 15-05-2021
- Frecuencia de actualización: anual
- Licenza: Creative Commons Recoñecemento 3.0
- Fonte de datos: Turismo de Galicia
...outros conxuntos de datos relacionados
...outros conxuntos de datos de Cultura e ocio
...outros conxuntos de datos de Medio ambiente
...outros conxuntos de datos de Territorio, vivenda e transporte