Estatísticas sociolaborais. Ano 2012

Descarga

Datos estatísticos en cadros e gráficos

(4.73 Mb)

Sobre este conxunto de datos

O Anuario de estatísticas sociolaborais recompila os principais datos da Comunidade Autónoma de Galicia no presente exercicio e ás seguintes áreas temáticas: conciliacións, individuais e colectivas, eleccións sindicais, folgas e peches patronais, infraccións e sancións na orde social, regulación de emprego, apertura de centros de traballo, empresas de traballo temporal e desprazamento transnacional de persoas traballadoras.

Ao inicio de cada capítulo figura unha indicación da metodoloxía empregada e incorpórase un apartado de fontes e notas explicativas, con expresión da materia obxecto de investigación, as principais disposicións legais que a regulan, as fontes das que se obteñen os datos primarios e unhas breves notas metodolóxicas de carácter xeral e cadros concretos.

Achéganos a túa opinión