CSV (4 Kb) | Descarga do ficheiro en formato .csv |
ODS (23 Kb) | Descarga do ficheiro en formato .ods |
XLSX (14 Kb) | Descarga do ficheiro en formato .xlsx |
Calendario (23 Kb) | Descarga do ficheiro en formato .ics - versión para aplicar ao seu calendario |
A Lei 13/2006, do 27 de decembro, de horarios comerciais de Galicia, determina que os domingos e días festivos nos que os establecementos comerciais poden permanecer abertos ao público serán, como máximo, dez ao ano.
Os determinados para a apertura en 2022 poden consultarse neste calendario, dispoñible en formato .csv, .ods, .xlsx e tamén no estándar iCalendar, que lle permite á persoa usuaria subscribirse aos datos de forma que poida aplicalos a un calendario (do seu ordenador, dispositivo móbil...).
Os festivos de 2022 veñen determinados pola Orde do 24 de setembro de 2021, pola que se establecen os domingos e festivos en que se autoriza a apertura de establecementos comerciais durante o ano 2022, e pola Resolución do 30 de novembro de 2021.
- Data de alta: 22-12-2021
- Data de actualización: 22-12-2021
- Frecuencia de actualización: anual
- Licenza: Creative Commons Recoñecemento 3.0
- Fonte de datos: Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación
...outros conxuntos de datos relacionados
...outros conxuntos de datos de Economía, empresa e emprego