Rexistro de Sociedades Agrarias de Transformación

Descarga

Descarga en formato XLSX

(47 Kb)

Descarga en formato ODS

(33 Kb)

Sobre este conxunto de datos

As Sociedades Agrarias de Transformación (SATs) son sociedades civís de finalidade económico-social, en orde á produción, transformación e comercialización de produtos agrícolas, gandeiros ou forestais, realización de melloras no medio rural, promoción e desenvolvemento agrario e prestación de servizos comúns que sirvan a aquela finalidade. 
 
As SATs galegas adquiren personalidade xurídica propia e plena capacidade de obrar coa súa inscrición no Rexistro de Sociedades Agrarias de Transformación de Galicia.
 
O arquivo contén os datos relativos ás máis de 400 SATs que figuran actualmente neste rexistro, con indicación da súa denominación, número de rexistro, número de identificación fiscal, data de constitución, obxecto da sociedade, enderezo, código postal, concello e provincia.
 
O dato XUGA, que tamén se inclúe neste ficheiro, figura naquelas SATs que se inscribiron no rexistro galego unha vez feitas as transferencias á Comunidade autónoma en materia de agricultura. Non se inclúe esta referencia naquelas que xa estaban inscritas anteriormente.

Achéganos a túa opinión