Todos os centros públicos, privados e concertados da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria exportables en ficheiros CSV ou XML con datos do seu código, información de contacto (enderezo, teléfono…) e xeolocalización.
Desde a páxina https://www.edu.xunta.es/centroseducativos/ poden realizarse as exportacións, nos mesmos formatos, a partir dunha selección previa no buscador de centros. Este, permite filtrar os datos polo código, nome ou tipo de centro; pola provincia ou concello no que está situado; pola súa titularidade, plan de ensino, réxime ou tipo de ensino que se imparte (arte dramática, artes plásticas e deseño, bacharelato, ciclos formativos, educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria...).
- Data de alta: 19-07-2012
- Data de actualización: 17-01-2021
- Frecuencia de actualización: diario
- Licenza: Creative Commons Recoñecemento 3.0
- Fonte de datos: Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional
...outros conxuntos de datos de Ensino e formación