Indicadores ambientais
Descarga
Para acceder á descarga dos datos debe premer en CSV, a continuación seleccionar a páxina do indicador (aire, auga, natureza...) na columna da esquerda e, unha vez dentro, premer nas ligazóns "exportar" que figuran ao pé de cada ficha.
Sobre este conxunto de datos
Presenta un sistema de indicadores que proporciona información sobre as condicións e fenómenos ambientais.
Poden exportarse en .csv os indicadores das categorías: auga, aire, natureza e biodiversidade, residuos, cambio climático, agricultura, pesca, enerxía, medio urbano, industria e turismo.
Entre as utilidades destes indicadores ambientais destacan as de:
- Proveer información sobre os problemas ambientais.
- Apoiar o desenvolvemento de políticas e o establecemento de prioridades, identificando os factores clave de presión sobre o medio ambiente.
- Contribuír ao seguimento das políticas de resposta e especialmente sobre as de integración.
- Ser unha ferramenta para difusión de información en todos os niveis, tanto para responsables políticos, expertos ou científicos e público xeral.
- Data de alta: 08-02-2012
- Data de actualización: 31-12-2016
- Frecuencia de actualización: sen_periodicidade
- Licenza: Creative Commons BY SA 4.0
- Fonte de datos: Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
...outros conxuntos de datos relacionados
...outros conxuntos de datos de Medio ambiente
Achéganos a túa opinión
INFORMACIÓN BÁSICA SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS
Entidade | Mision |
---|---|
Responsable do tratamento | Xunta de Galicia – Consellería de Facenda e Administración Pública |
Finalidades do tratamento | Xestionar as suxestións, propostas ou dúbidas sobre os conxuntos de datos publicados neste portal e recoller información sobre posibles experiencias de reutilización levadas a cabo con datos deste catálogo para divulgar estas iniciativas na páxina “Experiencias” deste portal |
Lexitimación para o tratamento | Cumprimento dunha misión realizada en interese público e dunha obrigación legal fundamentadas no disposto na Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno de Galicia e polo Decreto 201/2011, do 13 de outubro, polo que se regula a presenza da Administración xeral e do sector autonómico de Galicia na Internet |
Destinatarios dos datos | Administracións públicas do ámbito estatal, autonómico ou local cando sexa estritamente necesario para a xestión da súa solicitude, comunicación ou suxestión. No caso de que se xestione a publicación da experiencia de reutilización a través da páxina “Experiencias” deste portal, acompañarase do nome e apelidos ou razón social do autor/a |
Exercicio de dereitos | As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercitar outros dereitos ou retirar o consentimento segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos |
Contacto delegado/a de protección de datos e máis información | https://www.xunta.gal/proteccion-datos-persoais |