Enquisa de condicións de vida das familias. Seguridade viaria. Ano 2013

Sobre este conxunto de datos

Neste módulo facilítase información referente ás causas que concorren nos accidentes de tráfico, ao uso do cinto de seguridade nos turismos, ao uso dos pasos de peóns e elementos reflectores.

A “Enquisa de condicións de vida das familias” (ECV) é unha actividade estatística anual que desde 1999 realiza o Instituto Galego de Estatística. Trátase dunha enquisa dirixida aos fogares galegos co obxecto de obter información sobre as súas características socioeconómicas.

Consta de dous módulos:

  • Un primeiro de carácter xeral que se repite todos os anos, deseñado para recoller información sobre variables básicas que, pola súa importancia e dinamismo, necesitan unha periodicidade anual.
  • Un segundo módulo de carácter específico dedicado a bloques temáticos de variables que presentan unha máis lenta evolución, polo que non necesitan un período anual de recollida de datos.

 

Achéganos a túa opinión