Desfibriladores semiautomáticos externos situados fóra do ámbito sanitario
Descarga de datos
CSV (199 KB) | Descarga directa dos datos |
Descrición
Os desfibriladores semiautomáticos externos, tamén coñecidos como DESA, son un produto sanitario destinado a analizar o ritmo cardíaco, identificar as arritmias mortais tributarias de desfibrilación e administrar unha descarga eléctrica coa finalidade de restablecer o ritmo cardíaco viable con altos niveis de seguridade.
Así os define o Decreto 38/2017, do 23 de marzo, que regulou en Galicia a súa instalación e o uso fóra do ámbito sanitario, creando tamén o Rexistro de Desfibriladores Externos de Galicia.
O ficheiro contén a información recollida neste rexistro en relación a:
- o número de rexistro de cada desfibrilador
- a entidade pública ou privada que o solicitou
- o lugar onde se atopa (dirección postal e coordenadas xeográficas)
- o tipo de instalación no que está dispoñible (administracións ou institucións públicas, albergues de peregrinos, aeroportos, estacións, centros docentes, empresas privadas, instalacións deportivas, piscinas municipais...).
Información xeral
- Data de alta: 26-09-2023
- Data de actualización: 03-11-2023
- Frecuencia de actualización: mensual
- Licenza: Creative Commons Recoñecemento 3.0
- Fonte de datos: Consellería de Sanidade
Categorías:
Tamén che poderían interesar...
...outros conxuntos de datos de Saúde, asistencia sanitaria e servizos sociais
Achéganos a túa opinión