Smart Weather. Predición personalizada do tempo
Todo sobre esta experiencia
Smart Weather de Smart GalApps é unha aplicación para dispositivos móbiles de Apple e con sistema operativo Android que permite que sexa o/a propio/a usuario/a quen faga o seu prognóstico personalizado a partir de imaxes animadas de datos pasados e doutras de predición dos próximos días.
Ademais da predición meteorolóxica para distintas zonas de América, Europa, Península Ibérica, norte de África e España, esta aplicación mostra as últimas imaxes captadas por satélites, sistemas de detección de raios, radares de choiva... de forma que ofrece secuencias de imaxes nas que se mostra a evolución atmosférica. Así, por exemplo, poden consultarse as imaxes dos radares de choiva para saber onde está caendo actualmente ou seguir a evolución desta nas últimas horas para saber cara a onde se dirixe. As imaxes poden compartirse por correo electrónico e nas redes sociais.
Entre os datos que emprega Smart Weather, e xunto con outros da AEMET, IPMA e NOAA, están algúns dos publicados en Abert@s e procedentes de MetoGalicia, como por exemplo os de predición meteorolóxica e oceanográfica ou os da rede de detección de raios.
- Autoría: Smart GalApps
- Ligazóns: aplicación en Google Play ; aplicación na App Store
- Plataforma: móbil
- Conxuntos de datos relacionados: Predición meteorolóxica xeral para Galicia ; Rede de detección de raios
Que nos propós?
Botas de menos algún conxunto de datos que podería estar en Abert@s?
Tes algunha dúbida sobre os formatos ou as condicións de uso do portal?
Coñeces algunha aplicación que reutilice os seus datos ou desenvolviches algunha a partir deles?
Daquela só tes que enviarnos un correo coas túas propostas!
Achéganos a túa opinión
Entidade | Mision |
---|---|
Responsable do tratamento | Xunta de Galicia – Consellería de Facenda e Administración Pública |
Finalidades do tratamento | Xestionar as suxestións, propostas ou dúbidas sobre os conxuntos de datos publicados neste portal e recoller información sobre posibles experiencias de reutilización levadas a cabo con datos deste catálogo para divulgar estas iniciativas na páxina “Experiencias” deste portal |
Lexitimación para o tratamento | Cumprimento dunha misión realizada en interese público e dunha obrigación legal fundamentadas no disposto na Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno de Galicia e polo Decreto 201/2011, do 13 de outubro, polo que se regula a presenza da Administración xeral e do sector autonómico de Galicia na Internet |
Destinatarios dos datos | Administracións públicas do ámbito estatal, autonómico ou local cando sexa estritamente necesario para a xestión da súa solicitude, comunicación ou suxestión. No caso de que se xestione a publicación da experiencia de reutilización a través da páxina “Experiencias” deste portal, acompañarase do nome e apelidos ou razón social do autor/a |
Exercicio de dereitos | As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercitar outros dereitos ou retirar o consentimento segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos |
Contacto delegado/a de protección de datos e máis información | https://www.xunta.gal/proteccion-datos-persoais |