Catálogo de produtos, servizos e provedores de software libre en Galicia

Todo sobre esta experiencia

O portal Mancomún achega un servizo que nace co obxectivo de proporcionarlle ao sector empresarial de Galicia unha ferramenta útil para coñecer que produtos e servizos de software libre son os que mellor poden resolver as súas necesidades tecnolóxicas concretas

Igualmente, pode aplicarse para saber cales son as empresas galegas coa capacitación e experiencia suficientes para levar a cabo a implantación destes  produtos mediante a reutilización dos datos obtidos a través do servizo web do Mapa de Capacidades Tecnolóxicas de Galicia (MataTIC.gal).

O portal Mancomún ten dispoñible tamén, xunto con este servizo, o código fonte do proxecto, á súa aplicación php e o correspondente repositorio de código fonte GIT (para o control das versións).   

Que nos propós?

Botas de menos algún conxunto de datos que podería estar en Abert@s?

Tes algunha dúbida sobre os formatos ou as condicións de uso do portal?

Coñeces algunha aplicación que reutilice os seus datos ou desenvolviches algunha a partir deles?

Icono que simboliza un chat donde solicitar axuda

Daquela só tes que enviarnos un correo coas túas propostas!

Achéganos a túa opinión