Widgets do Instituto Galego de Estatística (IGE)
Todo sobre esta experiencia
Os widget son aplicacións que se poden incrustar nunha páxina web. O IGE proporciona cinco que permiten levar a calquera portal información e gráficos sobre os principais indicadores de Galicia: económicos, de traballo, de enerxía e industria, construción e vivenda, to territorio, educación, poboación, benestar e condicións de vida...
Son os seguintes:
- Principais indicadores de Galicia: a última información sobre os principais indicadores que serven para seguir a evolución da economía galega.
- Principais indicadores gráficos de Galicia: permite incrustar gráficos na túa web dos principais indicadores coxunturais da economía galega.
- Datos básicos de Galicia: para levar a calquera páxina a última información sobre os principais datos básicos da comunidade galega.
- Datos básicos provinciais: permite levar a calquera páxina a última información sobre os principais datos básicos das provincias galegas.
- Principais indicadores municipais: para incrustar nunha páxina a última información sobre os datos máis destacados dun concello.
Nesta páxina está dispoñible un exemplo de como incrustar un widget nunha páxina web.
- Autoría: Instituto Galego de Estatística (IGE)
- Ligazón: Widgets do Instituto Galego de Estatística (IGE)
- Plataforma: web
Que nos propós?
Botas de menos algún conxunto de datos que podería estar en Abert@s?
Tes algunha dúbida sobre os formatos ou as condicións de uso do portal?
Coñeces algunha aplicación que reutilice os seus datos ou desenvolviches algunha a partir deles?
Daquela só tes que enviarnos un correo coas túas propostas!
Achéganos a túa opinión
Entidade | Mision |
---|---|
Responsable do tratamento | Xunta de Galicia – Consellería de Facenda e Administración Pública |
Finalidades do tratamento | Xestionar as suxestións, propostas ou dúbidas sobre os conxuntos de datos publicados neste portal e recoller información sobre posibles experiencias de reutilización levadas a cabo con datos deste catálogo para divulgar estas iniciativas na páxina “Experiencias” deste portal |
Lexitimación para o tratamento | Cumprimento dunha misión realizada en interese público e dunha obrigación legal fundamentadas no disposto na Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno de Galicia e polo Decreto 201/2011, do 13 de outubro, polo que se regula a presenza da Administración xeral e do sector autonómico de Galicia na Internet |
Destinatarios dos datos | Administracións públicas do ámbito estatal, autonómico ou local cando sexa estritamente necesario para a xestión da súa solicitude, comunicación ou suxestión. No caso de que se xestione a publicación da experiencia de reutilización a través da páxina “Experiencias” deste portal, acompañarase do nome e apelidos ou razón social do autor/a |
Exercicio de dereitos | As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercitar outros dereitos ou retirar o consentimento segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos |
Contacto delegado/a de protección de datos e máis información | https://www.xunta.gal/proteccion-datos-persoais |